Escavación, limpeza e consolidación no Castro de Viladonga.

Campaña 2003

Autores/as

  • Felipe Arias Vilas

Palabras clave:

Castro, galaico-romano, escavación, antecastro, entrada

Resumen

Adáptase e resúmese en forma de artigo o Informe Preliminar Valorativo correspondente á campaña de escavacións, consolidación puntual e limpeza xeral realizada no Castro de Viladonga a fins do ano 2003. Os traballos de investigación de campo concentráronse en súas áreas: por un lado para ampliar a zona xa escavada con anterioridade no antecastro Oeste do xacemento, e por outro para completar o coñecemento da muralla Leste cara á porta da croa do Castro. Na zona do antecastro documentáronse tres tipos de construcións, diferentes pero probablemente moi seguidos e correspondentes os tres á época galaicoromana, mentres na outra zona comprobouse que era unha das entradas orixinais á croa, laxeada e aberta no ángulo S.L. do Castro entre dous extremos da muralla principal.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicado

2005-11-23

Número

Sección

Artículos