Un estudo comparativo da tradución dos animais de Cien años de soledad

  • Yu Zeng
Palabras chave animais da América latina, técnica de tradución, estratexia de tradución, domesticación, estranxeirización

Resumo

A esencia da tradución é unha comunicación intercultural, na que a domesticación e a estranxeirización son dúas estratexias que se sitúan en dous polos opostos. Dado que estas dúas estratexias teñen as súas vantaxes e desvantaxes, deberían empregarse dun xeito flexible na tradución porque moitos factores afectan ao proceso de tradución. A primeira edición chinesa de Cien años de soledad publicouse na China a comezos dos anos oitenta e, dende entón, só apareceron tres versións chinesas. Polas grandes diferenzas entre os dous idiomas e os numerosos culturemas, a tradución desta novela, durante un tempo, foi considerada unha misión imposible. Na nosa investigación, concentrámonos na análise das técnicas empregadas ao trasladar os animais que só existen na cultura orixinal e, de acordo cos resultados, atopamos a tendencia a descubrir unha vía intermedia entre domesticación e estranxeirización dos tradutores.

Descargas

A información sobre descargas non está aínda dispoñible.
Publicado
2020-04-23
Sección
Teoría e Historia da tradución