O reto de traducir literatura africana: Things fall apart

  • Moruwawon Babatunde Samuel
Palabras chave Literatura africana, lingua, cosmovisión igbo, tradución literaria, cultura

Resumo

Este artigo amplía o concepto tradicional de tradución coa finalidade de amosar as súas funcións creativas dentro da literatura africana. A nosa análise do concepto de tradución vai máis alá do proceso lingüístico que consiste en transferir o significado dunha lingua cara a outra para incluír o medio completo a través do cal as culturas, costumes e tradicións africanas son globalizadas. No artigo ofrécese o marco textual e contextual dende o que examinar o papel da versión francesa de Things Fall Apart na formación da cultura e historia literaria africanas. O artigo demostra como o uso do francés por parte do tradutor de Things Fall Apart constitúe un proceso creativo de tradución que cristaliza nun texto meta que transmite a cosmovisión africana

Descargas

A información sobre descargas non está aínda dispoñible.
Publicado
2020-04-23
Sección
Teoría e Historia da tradución