Tradución e paratradución no legado de perpetradores, criminais e testemuñas. O caso de The Dark Room

  • Bárbara Álvarez Fernández
Palabras chave culpabilidade, ideoloxía, linguaxe sexista, tradución, paratradución

Resumo

No noso traballo estudaremos a incorporación de The Dark Room (Seiffert, 2001) ao mercado español, El cuarto oscuro (RBA, 2003) e portugués, A Câmara Escura (Quetzal, 2001); unha colección de tres relatos onde se presenta o acontecido tras a Segunda Guerra Mundial dende a experiencia dos culpables. Trátase dunha integración complexa, xa que a vitimización de Alemaña segue a ser un tabú, e as obras que enfrontan o problemático status dos perpetradores, criminais e testemuñas son escasas e recentes.

Dende a nosa concepción de tradución como actividade social, analizaremos as decisións do tradutor español e da tradutora portuguesa, pero tamén dos demais axentes paratradutores (Garrido Vilariño, 2004, p. 35) que interveñen no proceso tradutivo —editoras, iniciadores, mecenas, etc.— e dos lectores finais. Todos eles partícipes da cultura dominante, que determinará a súa maneira de entender a tradución e a obra. Así, o tratamento da carga ideolóxica do orixinal tamén reflectirá unha ideoloxía occidental compartida ou allea. Finalmente, demostraremos como o sexo de quen traduce é relevante á hora de empregar ou rexeitar unha linguaxe sexista, mais non tanto como a ideoloxía ou a conciencia de cada quen.

Descargas

A información sobre descargas non está aínda dispoñible.
Publicado
2020-04-23
Sección
Teoría e Historia da tradución