Os procesos de animalización en expresións figuradas galegas

  • Andrea González Pereira
Palabras chave Linguaxe figurada, caracterización metafórica, proceso de animalización, zoomorfismo

Resumo

Este traballo é unha análise descritiva e explicativa de certas expresións metafóricas galegas que implican un proceso de animalización do ser humano, mediante o cal a este se lle atribúen as características propias dos animais que funcionan como referentes. Esta análise ten como obxectivo coñecer o motivo polo que os galegos empregan a figura de certos animais na construción de expresións metafóricas que retratan determinados sentimentos, emocións ou accións da súa vida diaria.

A proximidade destes animais con respecto ás persoas está en relación coa presenza de características positivas ou negativas nas expresións metafóricas. A través dunha serie de exemplos comprobarase que o ser humano prefire empregar, en
maior medida, os animais domésticos para construír expresións que acheguen características negativas; mentres que os animais non domésticos, aínda que tamén achegan maioritariamente trazos negativos, teñen unha porcentaxe de aparición maior que os domésticos nas expresións que implican unha valoración positiva.

Descargas

A información sobre descargas non está aínda dispoñible.
Publicado
2020-04-23
Sección
Instrumenta