Reflexións sobre o labor de tradución das aventuras de Astérix ao galego

Autoras/es

  • Isabel Soto
  • Xavier Senín

Palabras clave:

banda deseñada, humor, tradución, imaxe, texto

Resumo

O presente artigo céntrase en primeiro termo no que supón o feito de realizar novas traducións ao galego dunha serie mundialmente coñecida como Astérix, ben asentada no imaxinario dos lectores e lectoras desde hai anos. A seguir, abórdanse brevemente as relacións entre tradutores e empresas editoras responsables ao longo do proceso de edición, e ofrécense uns apuntamentos sobre as traducións existentes. O corpo do traballo pretende dar conta dos principais desafíos que propoñen as aventuras destes heroes galos, sempre baixo os seus condicionamentos fundamentais: a necesidade de manter o humor na lingua meta e o respecto á particular interdependencia entre imaxe e texto que fundamenta a linguaxe da banda deseñada. A través de exemplos concretos, explícanse algunhas das solucións adoptadas para traducir ao galego os elementos humorísticos.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2020-04-23

Número

Sección

Traducións xustificadas