PROPOSTA DE CONTRATO DE APARCEIRÍA (OU PARCERÍA) ASOCIATIVA PARA PROMOVER O APROVEITAMENTO AGRARIO

  • Roberto Carballo Meiriño
  • Miguel Carballo Álvarez
  • Manuel Fernández Nóvoa
  • Carlos López Franco
  • José Carlos Blanco Rodríguez
  • Adolfo Nóvoa Fernández

Resumo

O abandono da actividade agraria no rural, especialmente nas áreas do interior de Galicia, supón desaproveitar os principais recursos do territorio,e contribuiu a converter amplas zonas en desertos económicos e sociais.

Reorientar esta tendencia empobrecedora e deprimente, devolvendo a vida e o dinamismo á sociedade rural, require das aportacións de todos.

Neste artigo, a aportación consistiu en achegarnos á maneira na que tradicionalmente se organizaba o aproveitamento económico dos recursos agrarios e propor, a partir dela, un modelo de contrato de aparceiría (ou parcería) asociativa adaptado á realidade actual.

Descargas

A información sobre descargas non está aínda dispoñible.
Publicado
2019-06-19
Sección
Doutrina