CIDADE, COMERCIO E SOCIALIDADE URBANA

  • Sara Mª Torres Outón

Resumo

Un elemento crucial que ven unido o sentido de cidade é o comercio. Historicamente o troque provocou un cambio nos modos de vida ao igual que anteriormente o fixo a posibilidade de cultivar. Hoxe en día, abordar a cidade e as cuestións urbanísticas implica aplicar unha política integral que asuma as cuestións cruciais de vivenda, transporte e comercio. Arredor deste último vertébrase o modelo de cidade, aquela tradicional de comercio extenso distribuído ao longo e ancho da cidade con áreas ou eixes comerciais nas que existe unha maior concentración, especialización e variación de establecementos, e aquela outra na que a polarización comercial mostra un horizonte de bloques de vivendas e illas comerciais.

Este artigo é unha reflexión sobre en qué medida esta configuración espacial dá lugar a diversos modelos de cidade e con eles a distintos imaxinarios urbanos carentes dun actor tradicional como é o comercio ou, precisamente, cunha aposta deste por estar presente e rexurdir como unha nova sociabilidade. Nesta última liña enmarcase o pulo ao asociacionismo e urbanismo comercial como estratexia do comercio local e das administracións para afrontar os novos retos da globalización e liberalización da economía, en concreto, a adaptación do sector retallista ás novas necesidades e esixencias.

Publicado
2019-06-19
Sección
Doutrina