Sindicalismo nacionalista e cooperativismo

Autoras/es

  • Manuel Mera Sánchez

Resumo

O autor fai interesantes reflexións sobre as relacións entre cooperativismo, socialismo, sindicalismo, doutrina social da Igrexa e galeguismo; sobre as raíces históricas do mutualismo e cooperativismo en Galicia, para xa caracterizar o cooperativismo galego de hoxe como restrinxido, que vén xogando un papel histórico máis ben de complemento do capitalismo antes ca de alternativa, ou en todo caso de solución última a algunhas situacións particulares concretas, e por veces de formas de deterioro da situación laboral e do parque productivo.

Valora como positivas algunas experiencias -o leite-. O sindicalismo nacionalista, herdeiro do marxismo e do galeguismo de esqueda, mantén os puntos de vista destas dúas tradicións, mesmo de forma contradictoria, aínda que a expereriencia cooperativa do sindicalismo é máis resultado de feitos consumados -solución á falta de empregos-, e mesmo seguen a faltar análises máis extensas. Cando todo, farían falla posturas máis claras en amplos sectores sociais sobre a disputa polo cooperativismo dun espacio ó capitalismo privado. O debate, dentro da esquerda, sobre se se debe empezar pola toma de poder ou pola transformación de base social preséntase de maneira máis híbrida e haberá que facer experimentos polos dous lados. Aquí pode o cooperativismo xogar un papel importante, aínda que é a iniciativa pública quen ten os resortes axeitados para o lanzamento da economía galega. En calquera caso, a disputa que o cooprativismo faga do espacio económico é un problema máis ben externo ós sindicatos de traballadores e empregados.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2020-03-16

Número

Sección

Artículos