Os usos políticos da memoria da Guerra Civil e a represión durante o franquismo e a transición política

  • Julio Prada Rodríguez Universidade de Vigo

Resumen

Durante as dúas primeras décadas do franquismo non existe unha memoria
colectiva da guerra civil. Existe unha memoria fracturada sobre a que se constrúe a memoria oficial da guerra civil e a represión. Desde a segunda metade dos anos sesenta prodúcese un proceso de aproximación da memoria de vencedores e vencidos. Este proceso non é o resultado dunha asunción crítica do pasado nin dun consenso integrador e sen exclusións; é un proceso dirixido desde certos sectores do poder para os que as aspiraciones de integración en Europa resultan incompatibles co mantemento dunha memoria fracturada. Durante a transición política, a construción dunha memoria oficial convinte convertíuse no elemento central da praxe política. A súa necesidade foi tamén asumida por boa parte dos intelectuais e da sociedade, que adoptaron unha coidada equidistancia que situaba no mesmo plano moral a vencedores e vencidos.

Publicado
2007-11-24
Sección
Artículos