Que foi dos galigrecos? Apuntes de xeografía protohistórica de Galicia

Autores/as

  • Rosa Brañas Abad Universidad de Vigo

DOI:

https://doi.org/10.35869/mns.v0i26.3928

Palabras clave:

Galigrecos, Callaeci, Galaicos, Ártabros, Casitérides, Púnicos, Fontes do estaño

Resumen

A inclusión de pobos de estirpe grega entre os Galaicos na Antigüidade por parte dos autores clásicos provocou grande confusión entre os historiadores modernos. No século XIX creouse a figura dos galigrecos, que serían o resultado da mestura entre aqueles gregos e os celtas locais. E xa en tempos máis recentes, diversas expresións usadas polos clásicos para dar cabida a eses pobos ficticios, provocou a discusión acerca da non celticidade dalgúns pobos históricos da rexión. Neste artigo analizaremos como e por que se produciu esa confusión, ao tempo que facemos un percorrido pola xeografía protohistórica de Galicia.

Descargas

Publicado

2022-04-21

Número

Sección

Artículos