Viceversa. Revista galega de tradución

http://revistas.webs.uvigo.es/index.php/viceversa

ISSN: 1135-8920 | ISSN dixital: 1989-2853
Edita: Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo
Biblioteca Central – Campus Lagoas-Marcosende s/n
36310 Vigo (Pontevedra)
sep@uvigo.es
+34 986 812 235

 

Viceversa é unha revista académica que cumpre os estándares de revisión por pares e diríxese á comunidade investigadora e profesional de todo o mundo. Viceversa é unha revista transdisciplinar que dá cabida a unha grande variedade de estudos e acepta contribucións relacionadas coas moitas disciplinas e perspectivas que conflúen no campo da tradución e da interpretación.

Os obxectivos fundacionais de Viceversa son:

  1. a) servir de soporte axeitado para difundir os traballos que sobre tradución e interpretación se vaian producindo nos ámbitos académico e profesional da tradución e interpretación en Galicia;
  2. b) presentar en lingua galega os mellores traballos que sobre estes temas se produzan noutras linguas;
  3. c) informar sobre a actualidade da tradución e da interpretación en Galicia e no mundo.

Consonte estes obxectivos, Viceversa organízase nos seguintes apartados:

  • Teoría e historia da tradución
  • Instrumenta e Formación
  • Traducións xustificadas
  • Críticas e recensións
  • Informacións.

Viceversa  é unha revista integradora que ten por obxectivo publicar artigos e estudos  orixinais e de calidade que describan e analicen as últimas investigacións no campo da tradución e da interpretación. Todos os traballos publicados en Viceversa son obxecto de lectura e revisión externas. As áreas de interese da revista inclúen, entre outras:

  • Historia da teoría e da práctica da tradución e da interpretación
  • Teoría da tradución e da interpretación
  • Desenvolvemento e utilización de ferramentas de tradución e interpretación (dicionarios, glosarios, programas informáticos, etc.)
  • Reflexións de profesionais da tradución sobre as súas obras
  • Críticas e recensións de traducións literarias e non literarias
  • Críticas e recensións de ferramentas de tradución e interpretación

Os traballos débense presentar nun documento de texto editable a través da páxina web da revista, onde tamén están dispoñibles as normas de estilo para os distintos tipos de artigos: http://revistas.webs.uvigo.es/index.php/viceversa/about/submissions.     

Os artigos pódense enviar en calquera lingua europea e a revista traduciraos ao galego para a súa publicación. Na súa páxina web Viceversa ofrecerá tanto a versión galega como a orixinal.

Periodicidade

Viceversa ten unha periodicidade anual e publícase ao comezo de cada ano. A edición é exclusivamente dixital e dá acceso aberto, gratuíto e sen embargo a todos os contidos da revista en formato pdf.

 

Prazos

O prazo de recepción de orixinais está aberto permanentemente. Para o número 22 (2022) tomaranse en consideración os traballos recibidos ata o 30 de setembro de 2021.

 

Acceso aberto:

Viceversa proporciona acceso libre, inmediato e gratuíto a todo o seu contido, co obxectivo de formentar o intercambio científico e a libre circulación do coñecemento.

Todos os traballos publicados en Viceversa están suxeitos a unha licencia "Creative Commons Recoñecemento-Non Comercial" (CC-BY-NC).

 

Custos de publicación

Viceversa non cobra pola publicación nin pola xestión e revisión dos traballos recibidos.

 

Arquivamento: 

A revista Viceversa autoriza o autoarquivamento dos traballos por parte das súas autoras e autores en páxinas web persoais, repositorios institucionais e bibliotecas sempre que se faga referencia á publicación orixinal. Deste xeito apoia a creación dun sistema de arquivo distribuído permanente dos contidos da revista para a súa preservación e restauración.

 

Código ético de conducta:

Viceversa asume e fomenta o "Código ético de conduta" establecido polo Committee on Publications Ethics (COPE).

 

Declaración de privacidade:

Os nomes, enderezos de correo electrónico e/ou postal e outros datos de carácter persoal recollidos en Viceversa empréganse só para as finalidades declaradas pola revista: envío e recepción de traballos para publicación, avaliación de traballos polo Consello de redacción e o Comité censor e correspondencia sobre a revista. En ningún caso estarán dispoñibles para outros propósitos nin se cederán a terceiras persoas. De conformidade co Regulamento 2016/679 do Parlamento europeo e do Consello europeo do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no tocante ao tratamento de datos persoais e á libre circulación deses datos, as pesoas usuarias deste sitio web teñen dereito de acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación do tratamento e portabilidade con respecto aos devanditos datos.

 

Dereitos de autor/a:

Todos os traballos publicados en Viceversa están suxeitos a unha licencia "Creative Commons Recoñecemento-Non Comercial" (CC-BY-NC).

Os autores e autoras seguen a ter a propiedade dos seus traballos e poden volver a publicalos noutro medio sen necesidade de solicitar autorización de Viceversa coa condición de que declaren que o traballo se publicou orixinalmente nesta revista.

 

DOI (Digital Object Identifier)

Cada un dos traballos publicados en Viceversa terá asignado un DOI (Digital Object Identifier)

 

Prevención do plaxio:

Coa fin de garantir a orixinalidade dos traballos publicados e garantir o cumprimento do seu código ético, Viceversa emprega a ferramenta de detección de plaxio contratada pola Universidade de Vigo.

 

 

Para máis información: viceversa@uvigo.gal.

Correspondencia:

Alberto Álvarez Lugrís
Viceversa. Revista galega de tradución
Facultade de Filoloxía e Tradución
Lagoas - Marcosende s/n
36213 VIGO