A tradución como ponte cultural ou como unha viaxe a través da mente dos lectores. A recepción das traducións ao inglés das obras de Manuel Rivas e Domingo Villar

  • Laura Linares University College Cork
Palabras chave recepción, lectores, representación cultural, narrativa traducida

Resumo

Nos últimos anos, os estudos de Tradución veñen vendo un aumento no interese sobre o lectorado de traducións, presente en estudos centrados na recepción de obras traducidas ben sexa a través dunha análise textual de recensións (Zhao 2009, Bielsa 2013, D’Egidio 2015, Saldanha 2018) ou de estudos realizados a través de entrevistas e grupos de lectura con lectores reais (Arnold 2016). En concreto, a recepción de obra traducida no mundo anglófono vén xerando un interese particular entre académicos que buscan comprender as expectativas e os patróns de consumo literario no contexto dunha cultura central e hexemónica. Este artigo explora a recepción das obras de Manuel Rivas e Domingo Villar no mundo anglófono e estuda como as recensións tanto profesionais (en prensa) como semiprofesionais (blogs) re-constrúena cultura galega segundo a noción de continuo homoxenización-heteroxenización-exotismo formulada por Saldanha (2018).

Descargas

A información sobre descargas non está aínda dispoñible.
Publicado
2021-04-13
Sección
Teoría e Historia da tradución