Análise de Subtitle legends como ferramenta de formación para a tradución audiovisual e multimedia

  • Ramón Méndez González Universidade de Vigo
Palabras chave Tradución, formación, videoxogos, audiovisual, multimedia

Resumo

Dentro da formación de futuros profesionais da tradución, bótanse en falta máis ferramentas coas que traballar no ámbito da tradución audiovisual e multimedia, xa que se trata de traballar coa pantalla e os métodos de aprendizaxe tradicionais non logran recrear plenamente as situacións reais que pode atopar un tradutor profesional durante o desenvolvemento do seu labor. Nun intento de afrontar esta carencia de ferramentas, un grupo de investigación e un estudio de creación de videoxogos colaboraron para crear Subtitle Legends, unha ferramenta pensada especificamente para traballar as competencias en linguas estranxeiras e de tradución. No presente estudo analizamos as opcións que ofrece a ferramenta, así como as súas posibilidades dende un punto de vista formativo. Ademais, ofrecemos os resultados obtidos
ao empregar esta aplicación nunha pequena proba feita nunha aula de posgrao. 

Descargas

A información sobre descargas non está aínda dispoñible.
Publicado
2021-04-13
Sección
Instrumenta e formación