Onde queda a ética na nosa profesión?

  • Miguel Braña Montaña Editora Catro Ventos
Palabras chave ESS, economía solidaria, economía social, consumo consciente, cooperativismo, cooperación, responsabilidade social, RSE, RSC

Resumo

É compatible a profesión de tradutor(a)/intérprete cos principios da economía social e solidaria? Seguro que algunha vez tiveches a tentación de deixar de traballar cun cliente porque consideras que as súas prácticas profesionais non concordan cos teus valores ou porque directamente violan os dereitos máis básicos. Mesmo se decidimos que sería demasiado complicado ou inviable cambiar o tipo de clientes cos que traballamos, os e as profesionais temos liberdade para escoller os nosos provedores de servizos e produtos. E aquí si que existen moitas opcións para que o noso consumo (tanto profesional coma persoal) teña un impacto social e ambiental máis positivo. Neste artigo preséntanse alternativas, como a banca con valores, as cooperativas de consumo ou os seguros éticos, que permiten pasar dunha profesión solitaria a
unha profesión solidaria.

Descargas

A información sobre descargas non está aínda dispoñible.
Publicado
2021-04-13
Sección
Instrumenta