Traducir para comprender. A propósito da violencia etnocéntrica.

Autores/as

  • Laureano Xoaquín Araujo Cardalda IES Arcebispo Xelmírez I, Santiago de Compostela

##plugins.pubIds.doi.readerDisplayName##:

https://doi.org/10.35869/viceversa.v0i21.3492

Palabras clave:

Alteridade, comprensión, enriquecemento lingüístico, fidelidade, invisibilidade, tradición infiel, violencia etnocéntrica da tradución

Resumo

É tan común esixirlle a unha tradución que pareza un texto orixinal que apenas reparamos neste feito, que, porén, ten unhas implicacións moi graves. Unha tradución fluída é moi valorada e, desde logo, non xera polémica ningunha. Pero fornécelle ao lector os instrumentos que lle facilitan unha  mellor comprensión do texto? Na tradición infiel, cuxo obxectivo é ofrecer traducións transparentes, descártase violentar a lingua de chegada. Así, porén, exércese un moi elevado grao de violencia etnocéntrica, xa que se lle impide ao lector achegarse á alteridade lingüística e cultural. As notas, os recursos estilísticos atípicos, a contención do enxebrismo e a creatividade terminolóxica, pola contra, visibilizan a tradución para facilitar a comprensión e, coa mesma, enriquecer a lingua de chegada.

##plugins.generic.usageStats.downloads##

##plugins.generic.usageStats.noStats##

Descargas

Publicada

2021-04-13

Número

Sección

Informacións